lunes, 3 de marzo de 2014

EIRA DE OUTEIRO - O OUTEIRO - FORCAREI


 EIRA DE OUTEIRO
O OUTEIRO
SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS
FORCAREI


FORCAREI
     Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. 


     Segundo o IGE en en 2012 tiña 3.916 habitantes. O seu xentilicio é forcaricense.


Xeografía
     Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.



Historia
     En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.



Patrimonio
     Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro 



     Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. 


     A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. 


     Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
 


     Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.


     A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.



     Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. 



     Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.


Turismo
     Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".



     A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín.



O OUTEIRO
     O Outeiro é un lugar da parroquia de San Miguel de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei.



      Segundo o IGE do 2008 contaba con 55 habitantes deles 22 homes e 33 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.


SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS
     San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.


Historia
     Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. 



     O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, e que foi derrubada polos Irmandiños en 1476.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901