EIRA DE MORGADE
MORGADE
FORCAREI
FORCAREI
Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2012 tiña 3.916 habitantes. O seu xentilicio é forcaricense.
Xeografía
Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Historia
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio
Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito.

A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta.
Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893.
Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Turismo
Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no Mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín.
MORGADE
Morgade é un lugar da parroquia de San Miguel de Presqueiras, no concello pontevedrés de Forcarei. Segundo o IGE do 2008 contaba con 74 habitantes deles 36 homes e 38 eran mulleres, o que supón que aumentou a poboación desde 2007.

SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes.
O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, e que foi derrubada polos en Irmandiños1476.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901