IGREXA DE A ERMIDA
A ERMIDA
QUIROGA
LUGO
Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2009 tiña 3.829 habitantes.
Xeografía
Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, con na provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.
Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².
Patrimonio
Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.
Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.
Santa María da Ermida é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 contaba con 137 habitantes, deles 61 eran homes e 76 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.
Da igrexa parroquial procede o crismón de Quiroga, relevo en mármore labrado entre os anos 420 e 450 en honor dalgún nobre romano e peza clave da arte paleocristiá. Hoxe exponse no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.
CRISMÓN DE QUIROGA OU DA ERMIDA
O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida (Quiroga) é unha peza circular de mármore traballada cunha inscrición en latín e iniciais en grego. Ata 1887 fixo de ara na igrexa do século XII de Santa María da Ermida aínda que non se sabe certo dende cando. En 1925 foi trasladado ao Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo onde está exposto .
O Crismón de Quiroga é un disco de mármore gris veteado, material que podería proceder das canteiras do Incio. Mide 95 cm de diámetro, 6 cm de grosor e uns 120 kg de peso. A cara posterior é chaira, sen adorno algún.
A cara traballada ten do lado exterior dúas circunferencias de boliñas en forma de perlas entre as cales hai un texto en latín. Na parte central do escudo están as letras gregas khi (X) e rho (P) superpostas (iniciais en grego de Cristo), precedidas da letra alfa e seguidas da omega.
AVRVM VILE TIBI EST ARGENTI PONDERA CEDANT PLVS
EST QVOD PROPRIA FELICITATE NITES
EST QVOD PROPRIA FELICITATE NITES
o ouro é cousa ruín para ti non digamos xa a prata
é moito máis o que brillas pola túa propia felicidade
é moito máis o que brillas pola túa propia felicidade
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901