CASTRO DA CRUZ DO CASTRO - COTOBADE
CASTRO DA CRUZ DO CASTRO
CARBALLEDO
COTOBADE
PONTEVEDRA
A Cruz do Castro é un outeiro que se sitúa ás costas do barrio da Igrexa, en Carballedo, e sirve de soporte a un dos conxuntos patrimoniais máis coñecidos do Concello de Cotbade.
Consta dun xacemento arqueolóxico, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construccións de arquitectura popular.
As escavacións arqueolóxicas feitas polo equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Concheiro en 2008, 2009 e 2010, sacaron á luz vestixios de construccións e materiais da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, os dous intres históricos nos que se move o asentamento.
Desa última fase o rexistro material é sorprendentemente rico: cerámica local e de importación do Mediterráneo, algún numisma e obxectos de uso cotián e adorno persoal, entre os que destaca un anel de bronce e un pendente de ouro.
Esta última peza ten unha importancia extraordinaria, xa que é a primeira vez que se atopa en Galicia unha xoia desas características nunha escavación científica.
No recinto principal atópase, asemade, o Muíño de Vento de Laredo, unha das catro construccións deste tipo existentes en Cotobade. É do tipo bidireccional de cuberta fixa e foi recentemente restaurado.
Nas súas inmediacións atópase o baseamento e pedestal da cruz que coroaba o monte e que lle daba nome, destruída durante o século pasado.
O descubrimiento dun pendente de ouro, na campaña do 2009, dentro da excavación tivo unha repercusión mediática importante.
Neste ano 2010 a excavación recibiu numerosas visitas incluíndo unha nocturna, co fin de achegar a traballo realizado a todos os veciños e interesados.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901