jueves, 14 de noviembre de 2013

FONTE DO CARMEN - PADRÓN

FONTE DO CARMEN
PADRÓN


     Padrón, burgo de orixe medieval, conserva aínda o encanto do pasado en todos os seus recunchos.  As diversas obras relixiosas do concello, deixan constancia da importancia e grandiosidade da vila ao longo do tempo.


     Fonte a data de construción da cal se descoñece, foi restaurada no s. XVIII por Carlos IV, segundo a inscrición que nela figura. 



     De cadeirado granítico, está decorada con bólas e rematada por un frontón. 


     A tradición conta que a auga manou milagrosamente cando o Apóstolo golpeou tres veces a pedra co seu báculo. 


     Ten unha fornela coa figura do Apóstolo, traído polos seus discípulos na barca, bautizando a raíña Lupa, cando logrou convertela ao cristianismo. 


     Na fornela inferior está a Virxe das Dores, ante a que acoden as embarazadas para pedirlle un parto feliz, acendendo unha candea.



     No interior da fonte advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901