martes, 26 de noviembre de 2013

PORTO DE MALPICA - A CORUÑA

PORTO DE MALPICA
MALPICA DE BERGANTIÑOS
A CORUÑA


      Malpica de Bergantiños, chamada así para diferenciarse doutros topónimos do nomenclátor español, defínese como capital administrativa e comercial do concello. 


     As súas primeiras noticias documentais datan do século XIII cando aparece citada como lugar pertencente ó señorío do arcebispo de Compostela. 


     No século XV, Sancho de Ulloa, conde de Monterrei, arrebataríalla ao arcebispo Alonso II de Fonseca, para incorporala ós seus dominios.



Actividade Económica
     Se Buño naceu como peza de barro que xira arredor da "forma" (peza do torno onde se modela o barro), Malpica viu a luz e medrou botándose ó mar.



     O cardeal Hoyo refire que a principios do século XVII a actividade económica da vila centrábase , en colaboración cos mariñeiros cántabros e vascos, despois de pagar estes a taxa estipulada polo arcebispo de Compostela. 



     Aínda hoxe encontramos mostras desta pesca nas vigas que sosteñen o teitume de moitos muíños hidráulicos ou mesmo de vellas casas de arquitectura mariñeira, presentes en barrios coma os da Atalaia ou no Areal.


     Por mor da súa importancia como porto baleeiro, Malpica foi sede da Axudantía de Mariña ata o ano 1895, data na que se trasladaría a Ponteceso e posteriormente a Corme.




     Decaído o auxe da pesca da balea, a perigosa enseada (ou "ribeira" como aínda se coñece na actualidade o porto malpicán) pasou a ser cala de arriscados mariñeiros en lanchas de vela e rapetóns que pescaban con artes tradicionais hoxe desaparecidas como o "mediomundo". 



     Con posterioridade, o sector pesqueiro cobrou un novo impulso trala aparición das fábricas de conserva e salgadura; agora traíñas e tarrafas lanzábanse ó mar para capturar a sardiña que enchería os tabais dos Abella ou Modesto Ordóñez. En tempos de carencia, buscábanse mellores caladoiros na ría de Muros.

 

     Na actualidade, Malpica conta cunha numerosa flota de embarcacións do cerco e de pesca do día que agardan cada faena nun porto dotado con inmellorables infraestruturas (fábrica de xeo, lonxa nova, nave de redeiras, gran peirao de descarga, dársena de abrigo para pequenas embarcacións).


     Propio do porto malpicán, e oficio singular en toda Galicia, é a presenza dos boteiros, ou taxistas do mar, que cada tarde transportan nos seus botes ós mariñeiros desde o muro ata as embarcacións pesqueiras.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901