martes, 19 de febrero de 2013

FERVENZA DE HORTAS - ARZÚA

FERVENZA DE HORTAS
DOMBODÁN
ARZÚA


     Unha das paisaxes máis fermosas do concello de Arzúa é esta fervenza da parroquia de Dombodán, que xorde pouco antes da confluencia co río Ulla e que fai de fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro. 


     Consta de dúas caídas duns 30 metros do rego de Saímes sobre unha superficie de gneis mesturado con cuarcita. 


     Para chegar ata elas é necesario percorrer uns 11 quilómetros aproximadamente a estrada Arzúa-Vila de Cruces (CP-0601) ata chegar á encrucillada que sinala o lugar de Hortas e desviarse á man esquerda cara a San Xusto (CP-0605). 


      Despois de pasar unha taberna, a uns 500 metros, hai que seguir unha pista que sae cara a man dereita e ao final das casas da aldea coller á esquerda polo medio do monte. 


      Alúns veciños tamén a coñecen como a Fervenza de Santa Marta por unha lenda que ten asociada. 


¿ Porque de Santa Marta ?
     Nome co que se coñece tamén a Fervenza das Hortas e que recibe por mor dunha lenda que conta a historia dunha rapaza que ía ao muíño e que quedou embarazada do seu mozo. 



O rapaz díxolle que non a quería e, nunha noite de muiñada, empuxouna pola fervenza. Mentres caía, a moza dixo Santa Marta me vaia! e un carballo que había na fervenza parou milagrosamente a súa caída salvándolle a vida. 

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901