viernes, 8 de febrero de 2013

MUIÑOS EN PONTE NAFONSO - ROO

MUIÑOS EN PONTE NAFONSO
ROO
NOIA


     Santa María de Roo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Noia. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 605 habitantes (317 mulleres e 288 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 682 habitantes.
 

Noia
     A vila de Noia atópase a carón das plácidas e tranquilas augas da ría do seu nome e ao pé da montaña do Barbanza. Podemos dicir que o mar acariña as ribeiras da localidade urbana, mentres que os altos cumes protexen a poboación dos temporais atlánticos. 


     Otero Pedrayo definiuna como “unha pequena Compostela” e Cunqueiro fala dela como “unha Pisa atlántica, branca, rosa, ouro”.



      Certamente hai poucas vilas costeiras que dean unha impresión tan inmediata dun pasado de esplendor nin pareza nacida para a grandeza tan patentemente. 



     Varada nas ribeiras dun mar enxoito, un mar cada vez máis distante e fuxidío, cal afiada proa dun  navío en granito que se prolonga nun mastro de velame en forma de ponte que voa sobre as augas unindo as dúas marxes da ría, a vila histórica de Noia, lembra nostálxica uns tempos idos de vila mariñeira, de cando ata ela chegaban balbordos de ribeira, axitadas trasfegas de vida, de febril actividade mercantil e pesqueira, de mariñeiros, mareantes e mercadores , e velas a entrar e saír nos seus peiraos. 


      Este pasado de mar, hoxe non visto, ancorado en poderosas razóns históricas, aparece escrito, porén, en múltiples pegadas na paisaxe actual da vila para o observador  informado.


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901