A VIRXEN DOS PRACERES
LENDA
A Pedra Longa:
Existe un topónimo na Comboa, na parroquia de Lourizán, que fai referencia a unhas pedras que están desaparecidas baixo os recheos do porto de Marín
Os veciños decidiron levala á igrexa parroquial, en Lourizán, para o que empregaron un carro de bois. Pero os bois, ó chegar uns metros máis adiante, ó lugar que hoxe se chama Os Praceres, non querían seguir. E por moito que lles deran coa vara, os bois non andaban. Finalmente, andaron, pero non hacia adiante, senón hacia o mar, ata O Cabo.
Iso foi percibido como un sinal divino para que construíran un templo que aloxara a imaxe nese lugar. Así que se construíu a Ermida de Quitapesares.
Quitapesares é un topónimo que fai referencia ós lugares de especial beleza, onde as penas se esquecen admirando a paisaxe. Ó parecer, antigamente, os mariñeiros da Moureira, cando pasaban por diante, rezaban unha Salve en dirección ó templo.
Fai tempo que xa non existe. No seu lugar, atopamos a Igrexa dos Praceres, mandada construír por Montero Ríos e inaugurada en 1888, aínda que non está exactamente no mesmo lugar.
Ata fai unhas décadas, a Romería dos Praceres era multitudinaría. Centos de persoas se acercaban a oír a misa e comer empanada no Arenal, a praia que había no contorno da igrexa e que hoxe está enterrada baixo as pistas deportivas, e na Xunqueira do Río da Ponte.
Pero todo iso foi esmorecendo e a festa foi perdendo protagonismo. A praia e a xunqueira fai moito tempo que xa non existen e este ano por primeira vez non houbo verbena.
Por certo, que nos Praceres existía o rito das nove ondas (ou sete, según a versión) relacionado coa fecundidade, similar ó da Lanzada. Pero os vellos xa non o recordan. O que si recordan é que a xente se metía na auga para sanar de enfermidades, sobre todo das da pel, pois as augas de mar dos Praceres estaban consideradas curativas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901