viernes, 22 de febrero de 2013

ANTIGUA CENTRAL ELECTRICA - A POBRA

ANTIGUA CENTRAL ELECTRICA 
DA  
MISARELA
RIO PEDRAS
POBRA DO CARAMIÑAL
A CORUÑA

     A natureza garda os seus propios segredos e na Pobra do Caramiñal móstrasenos espléndida e pletórica de beleza. Máis aló dos gozos da ría descubriremos paisaxes dun encanto especial e lugares íntimos, montañas milenarias, vellos carreiros, e ríos serpenteantes a través de vales frondosos, en cuxos canles se forman curiosas piscinas naturais, rápidos e fermosas fervenzas.




      Nas parroquias do interior as augas fluviais do Pedras e do Lérez, os principais eixos da rede hidrográfica do municipio, discorren e reconfortan unhas paraxes insólitas por extraordinarios. Son unha xoia botánica e paisaxística, un máis dos atractivos do mundo rural.



     É o Pedras, como o menos coñecido Lérez, río de montaña, cunha canle pronunciada e abrupta. Fano famoso a sucesión de piscinas rústicas, oradas polo discorrer da auga para abrirse paso entre os lombos puídos do granito. A zona presenta unha notable diversidade en canto a flora e fauna, con especies autóctonas, a pesar de que as súas ribeiras foron alteradas con extensas plantacións de eucalipto.




     As piscinas naturais máis populares fórmanse no río Pedras. O desenvolvemento rápido e progresivo das súas augas favorece a profusión de saltos ou fervenzas, e os grandes charcos, ou piscinas, presentes no curso alto e medio da canle. De beleza tan natural como espectacular en torno ao lugar abandonado de Aldea Vella. Son paraxes nos que se desenvolven especies autóctonas, belas en calquera época do ano, pero especialmente no outono, con follas de tons avermellados, pardos e verdes.



      Ademais de refrescamentos, esta privilexiada contorna natural admite rutas de sendeirismo, bicicleta de montaña, barranquismo, e outras alternativas que aúnan a paisaxe e o deporte activo.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901