viernes, 17 de febrero de 2017

PRESENTACIÓN “O LIBRO DO COUREL” - CORUÑA

  PRESENTACIÓN 
“O LIBRO DO COUREL”
LIBRERIA ARENAS
 CORUÑA


PRESENTACIÓN DE “O LIBRO DO COUREL” NA CORUÑA


     Noso agradecemente a Sonia e Edurne por o tempo que nos adicou, moitisimas gracias.



     Unha publicación que condensa a esencia da Serra do Courel e honra a súa vida tradicional


     A editorial Belagua presenta mañá na libraría Arenas da Coruña O libro do Courel, unha das súas últimas publicacións orientadas á divulgación dos valores paisaxísticos e culturaisde Galicia.


   Con fotografías a toda cor, O libro do Courel documenta todos aqueles aspectos que singularizan esta montaña luguesa e que, en conxunto, constitúen o seu carácter.


     A súa autora, Sonia García García, xeógrafa e profesora de Ensino Secundario e Bacharelato na Coruña, fai nel un documentado e rigoroso traballo que abrangue desde a descricióndos seu espazo físico e o seu medio natural ata as referencias aos seus escritores ilustres, pasando por todo un catálogo da súa riqueza etnográfica e manifestacións da vidatradicional nas súas numerosas vilas.


     Dividido en 12 capítulos, o libro afonda na relación dos seus habitantes co medio natural, epon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa culturadende tempos prehistóricos ata os nosos días.


     A autora honra nel á vida tradicional da Serra, co desexo de conservar a memoria do seupatrimonio natural, material e inmaterial, de tal xeito que, ao longo das súas páxinas, percíbese o pesar pola pérdida progresiva dos seus valores e a reivindicación dun desenvolvemento sostible para as súas vilas.


     A cultura dos castros, a pegada romana, a arquitectura popular e a arquitectura relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o fío condutor dunha viaxe pola Serra do Courel que invita a gozar dunha natureza privilexiada e a emocionarse cos rescaldos de manifestacións culturais tradicionais que, pese ao despoboamento e ao envellecemento demográficos, loitan por non desaparecer do todo.


     Propón, así mesmo, diferentes percorridos para descubrir soutos, castros, fervenzas, muíños de auga, antigas ferrarías, sequeiros, cabanas, e inesgotables tesouros agochados nestas vilas da montaña luguesa.


     Con todo, O libro do Courel afonda no coñecemento polo público desta zona da montaña luguesa e contribúe á promoción e ao recoñecemento dos seus grandes atractivos, paisaxísticos, etnográficos e culturais, que fan deste territorio un prezado destino turístico de natureza.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901