PRESENTACIÓN
“O LIBRO DO COUREL”
PRAZA SANTO DOMINGO
GALERIA SAGRADELOS
LUGO
PRESENTACIÓN DE “O LIBRO DO COUREL” EN LUGO“O LIBRO DO COUREL”
PRAZA SANTO DOMINGO
GALERIA SAGRADELOS
LUGO
Noso agradecemento a Sonia e Edurne e Carlos por as fotos e por o tempo que nos adicou, moitisimas gracias.
O LIBRO DO COUREL
Unha publicación que condensa a esencia da Serra do Courel e honra a súa vida tradicional
A editorial Belagua presentou na Galeria Sagradelos - Lugo, O libro do Courel, unha das súas últimas publicacións orientadas á divulgación dos valores paisaxísticos e culturaisde Galicia.
Con fotografías a toda cor, O libro do Courel documenta todos aqueles aspectos que singularizan esta montaña luguesa e que, en conxunto, constitúen o seu carácter.
A súa autora, Sonia García García, xeógrafa e profesora de Ensino Secundario e Bacharelato na Coruña, fai nel un documentado e rigoroso traballo que abrangue desde a descricióndos seu espazo físico e o seu medio natural ata as referencias aos seus escritores ilustres, pasando por todo un catálogo da súa riqueza etnográfica e manifestacións da vidatradicional nas súas numerosas vilas.
Dividido en 12 capítulos, o libro afonda na relación dos seus habitantes co medio natural, epon de manifesto como este condicionou e determinou a súa economía e a súa culturadende tempos prehistóricos ata os nosos días.
A autora honra nel á vida tradicional da Serra, co desexo de conservar a memoria do seupatrimonio natural, material e inmaterial, de tal xeito que, ao longo das súas páxinas, percíbese o pesar pola pérdida progresiva dos seus valores e a reivindicación dun desenvolvemento sostible para as súas vilas.
A cultura dos castros, a pegada romana, a arquitectura popular e a arquitectura relixiosa, as actividades económicas, tradicionais e actuais, entre outros aspectos, son o fío condutor dunha viaxe pola Serra do Courel que invita a gozar dunha natureza privilexiada e a emocionarse cos rescaldos de manifestacións culturais tradicionais que, pese ao despoboamento e ao envellecemento demográficos, loitan por non desaparecer do todo.
Propón, así mesmo, diferentes percorridos para descubrir soutos, castros, fervenzas, muíños de auga, antigas ferrarías, sequeiros, cabanas, e inesgotables tesouros agochados nestas vilas da montaña luguesa.
Con todo, O libro do Courel afonda no coñecemento polo público desta zona da montaña luguesa e contribúe á promoción e ao recoñecemento dos seus grandes atractivos, paisaxísticos, etnográficos e culturais, que fan deste territorio un prezado destino turístico de natureza.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901