martes, 14 de febrero de 2017

FERVENZA DE ZAMÁNS - SERRA DO GALIÑEIRO

 FERVENZA DE ZAMÁNS
RIO AMIAL
SERRA DO GALIÑEIRO
VIGO


Zamáns
     San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. 



     Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. 


     Pertence ó arciprestado de Louriña. Segundo o IGE, no 2013, tiña 834 habitantes (413 homes e 421 mulleres).


Concello     
     Vigo
Poboación     
     834 hab. (2013)


 
Xeografía
     Ten 4 entidades de poboación, segundo o: Cidáns (184), A Igrexa (200), Marcosende (295) e Vilaverde (155). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Casal de Abade, As Lagoas, A Menda, Paredes e Vilariño.



     Atópase asentada entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. 


     Nela atopamos os ríos Zamáns e o Amial, que se apresou, dando á presa de Zamáns que abastece a cidade de Vigo.


Patrimonio
     A igrexa parroquial data do 1770. Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños, destacando a casa-muíño de Maquías.



     A parroquia acolle o campus das Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Centro Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.


Lugares de Zamáns
     Casal de Abade, Cidáns, A Igrexa, As Lagoas, Marcosende, A Menda, Paredes, Vilariño, Vilaverde



Serra do Galiñeiro

     A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. 



     Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. 


     Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901