lunes, 6 de febrero de 2017

CAELUM MC. - BARROFASHION

 CAELUM MC. - MARÍA CASTRO
BARROFASHION
PAZO DA CREGA
BARRO


      María Castro, responsable de Caelum MC. presentou na BarroFashion as súas últimas creacións que resultaron un exito á vista dos aplausos que arrincou do público que abarrotaba o Pazo dá Crega


     Queremos agradecer a María Castro as facilidades que nos dou e as suas modelos para poder realizar este traballo.



BarroFashion Solidario - 2017
      O desfile BarroFashion Solidario pechou o 5º Nadal Solidario en Barro que  foi organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa



       Nesta 5ª edición "Nadal Solidario en Barro"  pretendeu recoller e superar os máis de 500 kg do ano pasado.



    Establecéronse 9 puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros.



    Colaboron na actividade como patrocinadores Copyline, Envialia-Transpobedasa, Adega Moraima, Supermercado DIA e Supermercado San Antoniño.



  Colaborou tamén na actividade locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.



    O día 28 de Xaneiro de 2017 pechouse esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se  recolleron alimentos como cacao, azucre ou aceite.



     A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, organizou un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 5ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.



     Esta campaña desenrolouse durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.



     Dende a AC Fervenza da Barosa invitouse  a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 500 kg recollidos o ano pasado.



     Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuaron como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.



     Tódolos alimentos recollidos foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.



     Dende a Asociación queremos agradeceron a resposta das xentes un ano mais, e esperan volver a repetir o próximo ano.



     A resposta de publico o desfile foi moi importante e consolidase xa como un referente na comarca e agradecen a todos los colaboradores súa axuda que fai posible o evento.



Participarón no evento

LD
KUKUBARA
THALITA DUMONT
TRASNIÑOS
ESPAZO BELO
MY Moon
CAELUN MC
MH
MI VESTIDOR AZUL
ISA NAILS
D´NOA
MATILDA WISH
ESCUELA TÉCNICA DE JOYERIA DEL ATLÁNTICO
UNIVERSE DISCO MOVIL
ESTEFANIA CARRERA
AS VAGALUMES



Pazo da Crega    
      No nucleo urbano de Barro atópase o Pazo dá Crega, tamén coñecido como Pazo de San Antoniño.



     Destaca pola súa cheminea almenada e e neste momento loce todo o seu explendor despues da posta en valor dos ultimos anos.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901