lunes, 6 de febrero de 2017

MARÍA XOSÉ PORTEIRO - XORNALISTA POLITICA

 MARÍA XOSÉ PORTEIRO
XORNALISTA - POLITICA
FEMINISTA - ECOLOXISTA 


      Antes de nada agradecer a María Xosé o tempo que nos adicou, que me supo a pouco, escoitaba e esta muller na radio moitas veces e sempre me sorprendía os comentarios claros, rotundos, sen voltas, en tempos que as xentes son correctas, ela e quen de chamar as cousas tal como son.
     Falar con ela e un luxo aínda que non esconde o seu oficio de periodista e tamén pregunta e escoita un pracer gozar de unha conversa con ela.

     Meu agradecemento por o tempo que nos dedicou.


Algo de ti.
     Son filla da emigración: meu pai de Lugo, miña nai asturiana, eu madrileña, criada en Cuba, onde vivín ata os 14 anos. Son galega por decisión propia pero teño un corazón viaxeiro e cosmopolita. Recorrín medio mundo por mor do meu traballo e profeso a cidadanía universal. Pero para iso, é preciso sentirse parte dalgún lugar. No meu caso, Galicia.



     Quería adicarme á medicina pero a marcha de Cuba frustrou ese soño. Comecei moi nova a traballar en prensa e radio. Co paso do tempo especialiceime en comunicación corporativa como xefa de prensa do Concello de Vigo, despois directora-xerente de Información e Comunicación Local SA (Incolsa), e máis recentemente na Fundación de los Ferrocarriles Españoles.



     Entre moitos outros medios, traballei para El País, Radio Popular, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, a SER, a Radio Galega ou a TVG. Desde hai tempo son comentarista da actualidade en radio e prensa. Esporadicamente colaboro con algún medio extranxeiro, como The Washington Post. A xestión cultural tamén foi parte do meu traballo profesional e así a fixen en Incolsa ou no Museo del Ferrocarril de Madrid.



     Milito no PSdeG e nas súas filas fun concelleira en Vigo en dúas ocasións, Deputada autonómica, en outras dúas, Deputada no Congreso Español, membro da Asamblea parlamentaria do Consello de Europa e Delegada da Xunta en Argentina e Uruguay. Levo oito anos afastada da política activa, e nunca deixei o vínculo coa miña actividade profisional que alternei coa política desde 1987 ata 2009.



     Escribín varios libros, algúns hai xa moitísimo tempo (Quen é quen no primeiro parlamento galego e Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas, sairon en 1981). Publiquei unha novela, Covardes, en 2001, o ensaio “Vine, vi y hablé... las mujeres ante el discurso público” en 2012. Participei en diversas publicacións con máis autores arredor de cuestións de xénero, ecoloxía, comunicación ou política internacional.



Home/muller. Feminismo.
     Temos diferentes papeis dentro da especie que somos, do ponto de vista da natureza. Sen dúbida, iso marcou unha diferencia de roles que, chegados a o reduccionismo que hoxe coñecemos, son unha cárcere para as mulleres. O termos capacidade para decidir cando e como queremos ou podemos ser nais, foi un avanzo incuestionable para ir acadando os mesmos dereitos ca os homes. O cambio social producido pola Revolución Francesa que recoñeceu os dereitos de cidadanía aos homes sen ter en conta a súa orixe ou posición social, quedou inconcluso ao excluirnos as mulleres do chamado “contrato social”. Case que tres séculos despois, o movemento feminista, a quen lle debemos ese recoñecemento pola súa loita a prol do sufraxio e, progresivamente, dunha igualdade plena de dereitos e deberes, segue sendo imprescindible para conseguir unha sociedade equilibrada, xusta, cívica. É, ademais, un movemento pacifista, contra a violencia, asumible por igual por mulleres ca por homes.



 Dúas razóns para mobilizarse ata deixar a vida por ellas
     Teño dúas que me levarían a ese extremo, pero espero que non sexa preciso (hehe...). Non poño unha antes da outra, porque para min van da man: evitar a catástrofe climática que pode levar ao fracaso da Humanidade, é dicir, o ecoloxismo, e a xa citada loita pola igualdade entre tódolos seres humáns, sen distinción por razón de pertencer a un outro sexo, ou o que é o mesmo, o feminismo.


Que lle ocorre aos políticos cando se sentan nun sillón?
     En xeral, cando se consigue algunha situación de poder, sexa político, económico, intelectual, ou mesmo sexual, se moven algunhas neuronas en sentido non desexado. O feito de saberse con capacidade para modificar a vida dos demáis fai que algunhas persoas se fagan adictos e se lles suba á cabeza. Coido que é unha posibilidade moi frecuente na natureza humana, pero iso non xustifica nada. Hai que ter os pes no chan, a cabeza lúcida e o corazón aberto para se colocar sempre na posición daqueles para quen se traballa desde calquera posición, por moi alta, ou predominante, que sexa. E se non se pode facer por medios propios, como se di popularmente, hai que facelo mirar por algún especialista en trastornos do comportamento e da persoalidade... Do ponto de vista sociolóxico, temos que lembrar que somos moi poderosos pois podemos pensar e expresarnos libremente, denunciar os abusos, aunar os nosos esforzos cos de outras persoas que sinten e pensan o mesmo, e transformar as cousas. As peores cadeas son as que nos deixamos poñer na nosa conciencia, unhas veces por covardía, outras por comodidade, outras por egoísmo.




As peores cadeas son as que nos deixamos poñer na nosa conciencia, unhas veces por covardía, outras por comodidade, outras por egoísmo.



Cré que hai solucións a esta sociedade actual?
     Toda a Historia da Humanidade é un permanente cambio cara a mellorar as condicións de vida e, de feito, se nos comparamos con como se vivía hai cen, douscentos ou trescentos anos -que non son nada no cómputo total desde que se ten coñecemento da nosa existencia coma especie- ese cambio foi feito a velocidade expoñencial. Tal vez, nese avanzo tan intenso e rápido, estea tamén a clave do desaxuste que o crecemento incontrolado e desigual está a producir. Eu non teño a receita, pero a miña conciencia me di que temos que crer na capacidade das persoas para identificar e distinguir o ben do mal. Sen desenvolver esa cualidade e tomarmos decisións acordes con ela, estaremos nunha deriva de caída libre. Pero eu aínda teño confianza nos seres humáns.



 Pero eu aínda teño confianza nos seres humáns.


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901