domingo, 19 de febrero de 2017

NEVERAS DE FIXÓ - MILLERADA - FORCAREI

 NEVERAS DE FIXÓ
MILLERADA
FORCAREI


Neveras de Fixó
     De orixe medieval, as neveiras de Fixó pertencen ó mosteiro de Aciveiro, ó cabido compostelán e a un particular. Aínda estaban en uso no século XVIII e teñen forma de pozo de planta circular. 



     Eran explotadas polos monxes do Mosteiro de Aciveiro, que obtiñan delas una das súas principais fontes de ingresos. Nos seus inicios utilizábana para uso propio pero posteriormente estableceron un activo comercio de neve para a conservación de alimentos e mesmo para uso médico. 


Fixó
Poboación 

     72 hab. (ano 2007)


     Fixó é un lugar da parroquia de San Amedio de Millarada, no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra. No ano 2007 contaba con 72 habitantes, deles 34 eran homes e 32 eran mulleres; o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.


Millarada
Poboación     

     445 hab. (2013)


     San Amedio de Millarada é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 456 habitantes (233 mulleres e 223 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 669 habitantes.



Forcarei
     Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2015 tiña 3683 habitantes. O seu xentilicio é forcareiés.



Xeografía
     Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.



Censo total 
     3683 (2015)


Historia
     En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.



Patrimonio
     Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.



     Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.


     A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.


     Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.


Sendeirismo
     Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".



     A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.


     A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín


Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei. 



     A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 Fuentes: turismoriasbaixas
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901