EIRA DO CAMPO
CORNEIRA
LAMAS
LEIRO
Corneira é un lugar da parroquia de Lamas no concello ourensán de Leiro na comarca do Ribeiro.
Lamas
Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.
Xeografía
Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os fermosos montes de Pena Corneira, dende os que se ve case que media Galicia. E dende Pena Corneira vese tamén moi ben e moi cerca o fermoso pobo de San Xoán de Orega.
Patrimonio histórico
A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.
Lugares de Lamas
O Casar, Corneira, Nogueira, A Serra, Valboa
Parroquias de Leiro
Berán (San Breixo), Bieite (Santo Adrao), Gomariz (Santa María), Lamas (Santa María), Lebosende (San Miguel), Leiro (San Pedro), Orega (San Xoán), San Clodio (Santa María), Serantes (San Tomé)
Leiro
Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.
Demografía
Censo Total 1.675
Historia
Xa no século VI, existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes don Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia.
No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado, coa desamortización de Mendizábal.
Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Patrimonio
No concello atópase o mosteiro de San Clodio que se remonta ao século VI e que na actualidade converteuse nun hotel monumento de catro estrelas.
A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI).
A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.
Patrimonio natural
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901