miércoles, 20 de julio de 2016

PONTE DE SAN ALBERTE - RÍO PARGA - GUITIRIZ

 PONTE DE SAN ALBERTE
RÍO PARGA
SAN BREIXO DE PARGA
GUITIRIZ


San Breixo de Parga
      San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. 


     Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 114 habitantes.


Patrimonio
     A capela e a ponte de Santo Alberte sitúanse no medio dunha fraga. A capela é do século XIII mentres que a ponte data do século XIV.



      Existe tamén unha fonte. Aquí celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte. Parece ser que neste lugar houbo un hospital ao servizo dos peregrinos que se dirixían a Compostela.


 

Ponte medieval sobre o río Parga
      Ponte medieval sobre o río Parga, por onde discorre o camiño norte de Santiago, fabricado en cadeirado granítico e con pectoriles de pequena altura, realizados con laxas de lousa. 


     Data do s. XIV con reformas do XVIII; presenta dous arcos apuntados con pouco máis de oito metros de luz e tallamares triangulares, cunha anchura media de paso de 2,5 m. 


     Existen diferenzas apreciables entre ambos os dous arcos, supoñéndose que o arco esquerdo é da época de construción orixinal da ponte e o arco dereito posiblemente foi reconstruído no s. XVIII.


      Antigamente serviu de paso frecuente para o tráfico do camiño real de Madrid a Coruña, pero hoxe o seu uso restrínxese a un tráfico de carácter local.


Acceso
     Dende o núcleo de Guitiriz toma a estrada N-VIN en dirección a Lugo, e á altura do Km. 531, a uns 10 Km., toma un desvío á dereita e aos poucos metros atopámonos coa ponte. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901