domingo, 3 de julio de 2016

MONASTERIO DOS PICOS - MONDOÑEDO

MONASTERIO DOS PICOS
VILALOURENTE
MONDOÑEDO
LUGO


     O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da vila de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios do concello de Mondoñedo.



Historia
     Algúns documentos apuntan que foi construído en 1348. O mosteiro xa existía no século XIV. Os franciscanos foron os seus primeiros moradores e máis tarde serviu como Hospital de Peregrinos do Camiño Norte. 


     A comezos do século XVIII, con Juan Antonio Muñoz Salcedo como bispo de Mondoñedo, remodelouse o templo: reconstituíse o campanario para darlle máis altura e derribouse a anterior igrexa. 


     O bispo pagou as obras de construción da nova e o seu retablo maior. Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964, ficando deshabitado ata a actualidade.


     Popularmente coñécese como mosteiro dos Picos debido á vestimenta dos primeiros monxes que o habitaron. A subida ao mosteiro coñécese co nome de "Calvario" pola existencia dun Viacrucis bastante deteriorado (só quedan 9 estacións das 14 que debería de haber).



Edificación
     A igrexa consta dunha nave en tres tramos cubertos de nervatura gótica, cúpula con lanterna, presbiterio, claustro rectangular de dous pisos con arcos no baixo e ventás no alto, construído a partir de 1687, cociña antiga e escaleira principal do século XVIII. 


     Fachada principal barroca cun ollo de boi central e unha torre lateral de dous corpos e remate en cúpula. No interior ten un retablo maior salomónico con esculturas, dous retablos laterais barroco e moderno e cadeirado do coro barroco.



Estado actual
     Hoxe atópase en estado ruinoso e está totalmente abandonado. A igrexa comeza a ter fendas e o edificio do mosteiro ten os tellados fendidos e a silveira devora o recinto pola parte de atrás.


     No ano 2001 estivo a piques de ser rehabilitado. A Consellería de Cultura achegou diñeiro para reparar tellados e un obradoiro local restaurou o claustro. 


     Hoxe todo está inaccesible e o acceso ao interior está prohibido.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901