viernes, 22 de julio de 2016

PENA XIBOI - PARGA - GUITIRIZ

PENA XIBOI
SAN ESTEVO DE PARGA
GUITIRIZ
LUGO


     Pena Xiboi, un lugar de abrigo cuns 9.000 anos de antigüidade


     Próximo a Parga está tamén o lugar denominado Pena Xiboi. Na súa orixe, debeu de ser un lugar de abrigo, e a súa antigüidade rolda os 9.000 anos.



     O lugar debeu de desempeñar a función de «campamento estacional», que non resulta allea, dada, á proximidade de cursos de auga, xa que non moi lonxe desa zona nace o río Parga.



     No lugar atopáronse pequenos restos de cristal de roca e de cuarzo que puideron pertencer a útiles de caza ou a obxectos de uso doméstico e que axudan a confirmar a impresión de que o espazo estivo habitado.


     O terreo onde se atopa Pena Xiboi pertence á comunidade de montes de Parga, moi interesada na conservación e na protección do paraje.


     Non todos os restos son perfectamente visibles; pero un campo de traballo, iniciativa que o Concello pretende desenvolver e que xa expuxo en días pasados á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, podería servir, para recuperar e divulgar a zona. Por unha banda, tratase dun traballo «complexo»; por outro, o «impresionante» interese do lugar, que non ten moitos sitios que se poidan comparar no noroeste da península.



Santo Estevo de Parga
     Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 609 habitantes.



Patrimonio
     Sitio arqueolóxico de Pena Xiboi
     Igrexa de Santo Estevo.
     Castelo de Parga



Feiras e Festas
     As feiras teñen lugar o domingo entre os días 9 e 15 e o derradeiro domingo de mes.



     Unha das festas máis coñecidas é a Feira da Cantería, artesanía e callos, que se celebra o primeiro fin de semana de xullo, onde se pode ver como os canteiros traballan na pedra, así como gozar dun dos pratos típicos da zona como son os callos. Nese día abundan as merendas familiares na carballeira.



     As festas parroquiais son na honra a San Roque, a terceira fin de semana de agosto.



Lugares de Santo Estevo de Parga
     O Carballal - Cercedo - O Buxío - A Chantada - O Covelo - Ferreira - A Vilonchada - Galiñeiro - Montemeá - A Ponte - A Pobra de Parga - Portopulgo - A Tolda



Parroquias de Guitiriz
     Becín (San Xiao) - O Buriz (San Pedro) - Labrada (Santa María) - Lagostelle (San Xoán) - Mariz (Santa Eulalia) - As Negradas (San Vicenzo) - Parga (Santo Estevo) - Pedrafita (San Mamede) - Pígara (San Pedro) - Roca (San Xiao) - San Breixo de Parga (San Breixo) - San Salvador de Parga (San Salvador) - Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) - Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) - Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) - Trasparga (Santiago) - Vilar (Santa María) - Os Vilares (San Vicenzo)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901