domingo, 24 de julio de 2016

MUIÑO DE FERREIRA - RÍO PARGA

MUIÑO DE FERREIRA
FERREIRA
RÍO PARGA
GUITIRIZ
LUGO


Santo Estevo de Parga
     Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 609 habitantes.



Patrimonio

     Fonte de Valdovin
     Area Recreativa da Carballeira situada a beira do río Parga.
     Capela de San Xosé.
     Sitio arqueolóxico de Pena Xiboi
     Igrexa de Santo Estevo.
     Castelo de Parga



Feiras e Festas
     As feiras teñen lugar o domingo entre os días 9 e 15 e o derradeiro domingo de mes.



     Unha das festas máis coñecidas é a Feira da Cantería, artesanía e callos, que se celebra o primeiro fin de semana de xullo, onde se pode ver como os canteiros traballan na pedra, así como gozar dun dos pratos típicos da zona como son os callos. Nese día abundan as merendas familiares na carballeira.



     As festas parroquiais son na honra a San Roque, a terceira fin de semana de agosto.



Río Parga
     O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá, cun percorrido de 32 km de lonxitude. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.


     Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).


     O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.


Curso
     A súa cabeceira xorde da confluencia dos regatos Carral, A Fábrica e Fraga, preto da parroquia de Nodar (Friol), que descenden do Cordal de Vilarelle, formando un curso estable que comeza o seu percorrido por terras de Parga e Guitiriz. 



     É neste último concello onde se lles une un dos seus afluentes principais, o río Boedo, cuxos nacentes recollen as augas do Cordal de Montouto, coa axuda dos seus numerosos afluentes. Máis adiante, preto xa de Baamonde, recibe pola súa esquerda ó Roca ou Requeixo. Outros afluentes pola esquerda son os de Porta da Veiga, Portocando, Ponte Saltillo, Portoscarros, Ladroil, Blanqueño e Vilaflores; e pola dereita son o Lavandeira, Portaxesta, Portafontao, Sambreixo, Medo e Ameneiro.


     Ao seu paso pola localidade de Baamonde, encóntrase unha praia fluvial ao lado dun muíño e unha presa que fai de piscina natural para os bañistas.


Lugares de Santo Estevo de Parga
     O Carballal - Cercedo - O Buxío - A Chantada - O Covelo - Ferreira - A Vilonchada - Galiñeiro - Montemeá - A Ponte - A Pobra de Parga - Portopulgo - A Tolda



Parroquias de Guitiriz
     Becín (San Xiao) - O Buriz (San Pedro) - Labrada (Santa María) - Lagostelle (San Xoán) - Mariz (Santa Eulalia) - As Negradas (San Vicenzo) - Parga (Santo Estevo) - Pedrafita (San Mamede) - Pígara (San Pedro) - Roca (San Xiao) - San Breixo de Parga (San Breixo) - San Salvador de Parga (San Salvador) - Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) - Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) - Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) - Trasparga (Santiago) - Vilar (Santa María) - Os Vilares (San Vicenzo)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901