lunes, 18 de julio de 2016

CAPELA DE SAN ALBERTE - GUITIRIZ

 CAPELA DE SAN ALBERTE
SAN BREIXO DE PARGA
GUITIRIZ
LUGO


 Capela de San Alberte
     Capela gótica de grandes dimensións que data do s. XIII, fabricada en bo cadeirado de granito e que consta de nave rectangular e capela maior, con cuberta de lousa a dúas e catro augas, respectivamente. 


     Fachada do s. XVIII con porta de arco alintelado e sinxela espadana de único van con remates neoclásicos, quedando do primitivo estilo tan só unha ventá oxival con tracerías de estilo salomónico. 


     Exteriormente hai oito grandes contrafortes e canecillos no aleiro, algúns figurados. Porta lateral dereita de arco de medio punto, lixeiramente apuntado. Interior: bóveda sexpartita con engadido de dous nervios na capela maior, orixinándose 6 nas columnas e 2 en ménsulas, con artísticos capiteis; imaxe gótica do s. XIII de Santo Alberto e outros talles do XVIII, e retablo lateral moderno. 


     Enmarcada nun belo ámbito natural, nas proximidades hai unha fonte con frontis renacentista e bolas de pedra, unha ponte gótica sobre o río Parga e os restos dun antigo hospital de peregrinos a Santiago. Neste marco celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte.


Acceso
     Dende o núcleo de Guitiriz toma a estrada N-VI en dirección a Lugo, e á altura do Km. 531, a uns 10 Km., toma un desvío á dereita que cruza unha ponte sobre o río Parga, e a poucos metros xa vemos a capela a man dereita.  



San Breixo de Parga
     San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. 



     Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 114 habitantes.


Patrimonio
     A capela e a ponte de Santo Alberte sitúanse no medio dunha fraga. A capela é do século XIII mentres que a ponte data do século XIV. 



     Existe tamén unha fonte. Aquí celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte. 


     Parece ser que neste lugar houbo un hospital ao servizo dos peregrinos que se dirixían a Compostela.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901