miércoles, 9 de octubre de 2013

LAXE DOS CEBROS - COTOBADE

PETROGLIFO LAXE DOS CEBROS
OUTEIRO DAS ROZAS VELLAS
CHAN DE BALBOA
FENTÁNS
SAN XURXO DE SACOS
COTOBADE


     O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km. A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar.


     Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.



San Xurxo de Sacos
     San Xurxo de Sacos está situada no norte do concello de Cotobade. Está dividida en dez entidades de poboación: Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 592 habitantes.



     Sitúase nunha rocha ó pé dun outeiro. Sobre o panel, de 3 por 2 metros, represéntase unha gran combinación de círculos concéntricos de forma pseudolaberíntica rodeada de outras combinacións circulares de menores dimensións e varas figuras de cervos. 


     Un destes cervos asóciase coa combinación circular principal por medio de tres arcos concéntricos que os xuntan.



     Os petróglifos da zona foron moi danados polos lumes do ano 2006… Malia a súa espectacularidade, fácil acceso, concentración de laxes… non están sinalizados nin se fixo ningún tipo de posta en valor. Unha peniña...


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901