lunes, 14 de octubre de 2013

O ABADE NIGROMANTE DE OSEIRA

O ABADE NIGROMANTE DE OSEIRA

Monasterio de Oseira

     Da fabulosa historia deste abade do mosteiro de Oseira, situado no concello de San Cristovo de Cea (Ourense) hai poucas certezas e moitas interrogantes das que trataron, entre outros autores, Odo de Cheriton, Xacobe de la Vorágine e Cesario de Heisterbach. Uns queren que fose en Paris, outros en Londres, algúns en Florencia ou Nantes. No século XVII Angel Manrique asegura nos seus Anales Cistercienses que o sucedido tivo lugar na famosísima Escola de Nigromancia de Toledo arredor do ano 1172 e que o protagonista foi Lourenzo, segundo abade do mosteiro de Oseira. 

Monasterio de Oseira

     En Toledo, pois, dous mozos moi amigos estudiaban nigromancia, arte ou ciencia que se vale de encantamentos e meigallos demoníacos para convocar e facer resucitar ós mortos e para adiviñar por boca deles o futuro. Un dos mozos enfermou de gravidade, púxose á morte e o amigo rogoulle que se morría, se lle volvese a aparecer pasados trinta días; o moribundo aseguroulle que así o faría sempre e cando lle fose permitido.

Monasterio de Oseira   

     Morreu o mozo e o amigo vivo agardou a que pasasen os trinta días rezando pola alma do defunto. E nesas estaba, dentro dunha igrexa e diante unha imaxe da Virxe, cando o morto deu cumprimento á súa promesa.

 Monasterio de Oseira

      A figura do aparecido era pálida e descomposta, laiaba e xemía, tiña os pés e as mans atados con cadeas incandescentes e vestía un traxe negro recuberto de palabras que nomeaban os seus pecados. O espectro pediulle ó amigo que estendese a man e este fíxoo. A pantasma deixou caer nela unha pinga de suor do dedo índice que no mesmo instante lle perforou a carne e acabou ardendo no chan. O amigo, dolorido aínda pola queimadura, preguntoulle polo motivo daquel estado tan desgraciado.


 Monasterio de Oseira

     -Ai, pobre de min; así arderei eu eternamente no inferno por culpa desa arte diabólica que estudiamos. A nigromancia mata a alma. Aconsélloche, meu querido e único amigo, que te apartes desa abominable ciencia e que busques, servindo a Deus a expiación dos teus pecados por medio da vida relixiosa.

 Monasterio de Oseira

      -Dime, meu amigo, ¿como teño que facer para salvar a miña alma?


      -O único camiño para salvar a túa alma é a Orde do Císter. De todo o xénero humano son os desta relixión os que menos se condenan.


 Monasterio de Oseira  

     Desapareceu a pantasma do morto cos seus tormentos, e o vivo, tralos consellos da horripilante visión que acababa de ter, abandonou inmediatamente o estudio da nigromancia e ingresou como novicio nun convento na Orde do Císter. 

Monasterio de Oseira 

Tempo despois profesou como monxe e no ano 1201 foi elixido abade do mosteiro de Oseira. Polo ano 1223 mereceu ser nomeado superior, nada menos que da abadía de Clairvaux. Non se sabe onde morreu; se foi en Clairvaux ou se, como queren outros, renunciou ó cargo e regresou para acabar os seus días en Oseira de Galicia.

 Monasterio de Oseira
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901