PETO DE ANIMAS LAMOSA
LAMOSA
COVELO
Construción de pedra de boas proporcións que aproveita o muro do adro da
capela adxacente para apoiarse. Áchase coroado por unha cruz e dous
pináculos. Como adornos destacar un corazón, unha cara e unha caveira.
A
fornela é ampla, rectangular, en punta de frecha polo seu ángulo
superior e protexida por unha reixa de ferro. O Retablo actual é de
azulexo. Nel pódese contemplar a imaxe dun Cristo crucificado, un san
Antonio e a Virxe do Carmen, aos que se intentan agarrar a ánimas que
purgan os seus pecados entre as lapas. Manifesta unha clara influencia
portuguesa.
O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da
morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se
redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi
arraigada na mentalidade popular galega.
Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que
evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos
populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das
almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a
felicidade no ceo.
Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto,
trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a
propia.
Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos
veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu
nome. Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cotobade) lese
textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...".
Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima.
Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o
amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad
por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos
por vos".
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901