domingo, 13 de octubre de 2013

A BRUXA DA PENEDA - LENDA

A BRUXA DA PENEDA
LENDA

Capilla de A Peneda

     No cumio do Monte da Peneda, situado nos lindes dos concellos de Redondela e Soutomaior (Pontevedra) hai unha capela barroca dedicada á Virxe das Neves. A capela construiuse sobre as ruínas do castelo de Castrizán, mandado construír polo arcebispo Fonseca e foi destruido por Pedro Madruga; o castelo, á súa vez, fora asentado sobre as ruínas dun castro.

     Desde o castelo de Castrizán había un túnel con tres posibles saídas ou entradas; unha no castelo de Soutomaior, outra na Ponte do Canal e a terceira en Pontesampaio. Estes túneles foron de grande axuda para envíar reforzos ao xeneral Morillo cando a defensa contra o francés na sonada batalla de Pontesampaio. A boca de entrada deste túnel na Peneda queda un pouco máis abaixo da muralla que circunda a ermida e o curuto do monte.


     A Virxe das Neves da Peneda, visítana especialmente o 5 de agosto e o luns de Pascua, é abogosa contra danadas de “bocado” ou ameigadas e embruxadas.


     Para curar acudían ao santuario e no momento de alzar laiábanse:


     —Que me aperta!


     Entón os acompañantes aproveitaban para preguntarlles:


     —En que cho deron?


     E ela respondía se fora nun anaco de pan, nunha bebida ou noutra comida. E insistían:


     —Quen cho deu?


     E a enferma case sempre respondía:


     —Non o poido dicir!


     Mentres, un home pasaba as reliquias da santa envoltas nun pano polo pescozo da enferma e dicíalle:


     —Bótao fóra!


     Era sinal de cura que a doente vomitase pelos e mesmo agullas pola boca.


     Unha vez estaban practicando o ritual cunha enferma e cando lle preguntaron: 


     Quen cho deu?, a muller quería dicilo pero non puido, pois unha bruxa que estaba na igrexa, e que fora a causante do mal, pasáballe unha vela por diante da boca para que non o puidese dicir.


     A xente que estaba presente e que se deu conta do que estaba pasando colleron á bruxa polos pelos e arrastrárona ata o adro da igrexa. Seica daba berros coma os dunha raposa. Xuntaron leña e botárona enriba do lume para que ardese.



     Hai quen di que alí morreu, queimada, e hai quen di que foi quen de fuxir monte abaixo dando saltos coma as galiñas.




Capilla de A Peneda
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901