domingo, 3 de marzo de 2013

FERVENZA DE CODESO- CODESO

FERVENZA DE CODESO
ARDESENDE
CODESO
BOQUEIXÓN


     Atópase a parroquia de Codeso en Boqueixón na vertente leste da Serra do Pico Sacro, cunha extensión de 3,10 Km2 sobre un terreo irregular con moitos desniveis e unha altitude media de 188 m., aínda que moi frondoso e produtivo. Constitúen as súas principias producións a gandaría e a forestal, así como as xeomineiras de cuarzo.


      Habitan nesta parroquia 333 habitantes distribuídos en dez entidades: Ardesende, Casalbieito, Casaldesuso, A Devesa, Engas, A Granxola, O Outeiro, A Pichina, A Raíña e Santaia. Cruza esta parroquia a estrada AC 940 Padrón-Arzúa, así coma a estrada provincial que enlaza Codeso con Boqueixón e Sergude.



     No entrono desta capela de San Paio e a Fervenza de Codeso está formado polo que quizais sexa o mellor conxunto natural e etnográfico do Concello, inmerso nun frondoso e espectacular bosque de ribeira. Así, nun dos muros do adro está a Fonte do Santo. 


     As súas augas, segundo a tradición, logran curar o “asombramento” nos nenos, que din que causan os gatos. 


     Aproximadamente a uns 100 m. do templo un afluente do río Pontillón forma no inverno unha espectacular caída de auga. 


     Unha segunda fervenza, de sete metros de altura está situada a uns 300m. augas abaixo, á que se pode acceder por un sendeiro que discorre paralelo a unha canle de auga para os muíños da zona. Varios destes muíños están restaurados.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901