domingo, 3 de marzo de 2013

FERVENZA DE DONAS - DONAS

FERVENZA DE DONAS
DONAS
BOQUEIXÓN


     Esta parroquia, que só conta con oito casas e 19 habitantes, ten unha extensión aproximada de 1,20 Km2. sendo a máis pequena de Galicia. O nome da parroquia procede do antigo convento de San Breixome, residencia de relixiosas beneditinas. (Donas-Señoras).


      Atópase nun pequeno val que se forma nunha volta do río Ulla inmediatamente antes da Garganta do Gundián, cunha altitude media de 182 m.. As súas terras moi produtivas permiten acdar ata tres colleitas anuais. 



      Destacan as augas sulfurosas das súas fontes, así como as termais xa nos límites coa poboación de Caldelas. O curso do río Pontillón ao seu paso por este lugar forma unha curiosa fervenza con tres caídas, sendo a de maior altura de todo o concello.


Fervenza de Donas
      Espectacular salto de auga no que o desnivel do terreo obriga ao río Pontillón a caer formando tres fervenzas que constitúen as de maior altura do concello.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901