domingo, 10 de marzo de 2013

CAPELA DE SAN OUTEL - MUXIA

CAPELA DE SAN OUTEL
AREA RECREATIVA DE O CASTRO
MUXÍA


Área recreatica do Castro
     Constitúe unha das áreas turísticas máis importantes do concello pola súa situación, así como pola existencia das "Caldeiras do Castro", curiosa forma onde o río fai unha especie de cascada que chama a curiosidade do visitante. 


Capela de San Outel
     Este templo foi fundado por Juán de Cantorna no ano 1660, coa finalidade de que un neto seu, Juán Antonio de Cantorna Suárez, presbítero, poidese celebrar misa a diario.


     Formada por unha planta rectangular case cadrada, moi sinxela con muro de cantería de granito na fachada e esquinais e polos laterais de cachote e cuberta de zinc a dúas augas. 


     Na cabeceira atopámos a capela maior máis baixa e estreita, de planta cadrada e tamén con cuberta de zinc a dúas augas. Un pequeno oco rectangular pola parte sur da capela maior é a única xanela que posúe nos seus muros laterais. 


     A fachada é moi sinxela, de forma pentagonal e simetricamente presenta a súa portada rectangular con lixeiras molduras, seguida dunha pequena cornixa e encima desta unha fornela e máis arriba un pequeno oco ovalado de luz.



     Esta ermida estivo moitísimos anos abandonada ata que o concello fai uns anos rehabilitouna e amoldouna a área recreativa das Caldeiras de Castro.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901