Codeso atópase na vertente leste da Serra do Pico Sacro, cunha extensión de 3,10 Km2
sobre un terreo irregular con moitos desniveis e unha altitude media de
188 m., aínda que moi frondoso e produtivo. Constitúen as súas
principias producións a gandaría e a forestal, así como as xeomineiras
de cuarzo.
Habitan nesta parroquia 333 habitantes distribuídos en
dez entidades: Ardesende, Casalbieito, Casaldesuso, A Devesa, Engas, A
Granxola, O Outeiro, A Pichina, A Raíña e Santaia. Cruza esta parroquia a
estrada AC 940 Padrón-Arzúa, así coma a estrada provincial que enlaza
Codeso con Boqueixón e Sergude.
Capela de San Paio Situada á beira do río Pontillón, presenta unha nave rectangular
construída na segunda metade do século XVII. Foi totalmente rehabilitada
en 2003 polo Concello, xa que se atopaba en estado de abandono dende
mediados do século XX.
O entrono desta capela está formado polo que quizais sexa o mellor
conxunto natural e etnográfico do Concello, inmerso nun frondoso e
espectacular bosque de ribeira.
Así, nun dos muros do adro está a Fonte
do Santo. As súas augas, segundo a tradición, logran curar o
“asombramento” nos nenos, que din que causan os gatos.
Aproximadamente a
uns 100 m. do templo un afluente do río Pontillón forma no inverno unha
espectacular caída de auga.
Unha segunda fervenza, de sete metros de
altura está situada a uns 300m. augas abaixo, á que se pode acceder por
un sendeiro que discorre paralelo a unha canle de auga para os muíños da
zona. Varios destes muíños están restaurados.
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog. Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos. Mis correos: Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra xoanarcodavella@gmail.com Telf - WhatsAp.: 600590901
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901