LENDA DOS SETE SANTOS
DO
Polas augas
do río Miño baixa esta fermosa lenda das súas ribeiras, que van, de
montaña en montaña, por outros picos que dominan a súa conca. Alá enriba,
a visión do Paradanta e de San Mamede, San Xulián do Monte Aloia e Santa
Tegra, derramándose ata as vegas da ribeira.
Cóntase que un día
recorrían estas terras do Baixo Miño os sete santos irmáns, San Felipe,
San Pedro ad Vincula (San Fins de Arbo), San Marcos, San Mamede e San
Telmo. Este último, San Telmo, afoga o bañarse no río Miño.
Co fin de ver pasar o cadaver entre a corrente do río e poder así
rescatalo, suben todos as máis altas montañas do lugar, menos San
Marcos, que queda so nun pequeno alto, moi preto da Estación de Arbo, co
fin de velo pasar antes e recollelo; pero o cansanzo fai que se quede
dormido e mentras tanto pasa o corpo de San Telmo que soio flota cando o
río se remansa nas Veigas do río Louro, na desembocadura deste río.
O
remansarse vese como do afogado sae un halo luminoso que fai que o vexan
os outros santos, que así baixan das montañas, quítano da
auga e danlle sepultura en Tui, ademais convírteno no patrono da ciudade.
Todos estos santos teñen agora as súas ermidas, que se levantan, xusto, no mesmo lugar onde estuveron vixiando o paso do irmán afogado. Cinco deles quedaron polas terras do Miño Galego, San felipe e San Fins, en Arbo; San Mamede, en As Neves; San Xulián e San Telmo, en Tui, e Santa Tegra en A Guarda. Pola parte portuguesa están San Marcos en MelgaÇo, e Santo Tomé, en Valladares.
Todos estos santos teñen agora as súas ermidas, que se levantan, xusto, no mesmo lugar onde estuveron vixiando o paso do irmán afogado. Cinco deles quedaron polas terras do Miño Galego, San felipe e San Fins, en Arbo; San Mamede, en As Neves; San Xulián e San Telmo, en Tui, e Santa Tegra en A Guarda. Pola parte portuguesa están San Marcos en MelgaÇo, e Santo Tomé, en Valladares.
San Pedro González Telmo, santo con nome e apelido, como lle sigue
chamando a xente, é o dominico patrón dos navegantes, conciliador dos
ventos e abogado contra as tempestades. Cóntanse moitas lendas sobre a
súa sotana. Nunha ocasión, cando era frade, tiña que pasar o río Miño
para ir a un entierro, e como non cobraba nada, os outros frades
tíñanlle moita xenreira, polo que lle pediron o barqueiro que non o
pasase. Pero San Telmo, extendeu a súa capa sobre o río, e remando co
seu bastón chegou o outro lado, sacudiu a capa e enterrou o morto.
Polos emplazamentos destas ermidas inda anidan algunhas paganías, como
os cultos litolátricos nas rochas do Monte Aloia, chamadas "A pedra da
Auga" e "A Pedra do Sol", ás que se leva a imaxen de San Xulián, según
se desexe que chova ou faga bon tempo. San Mamede, que tamén se chama
San Domedio e San Nomedio, foi un ermitaño que se quedou a vivir no alto
da Serra a que lle deu nome. Cando estaba a levantar a ermida, usaba
para carrexar a pedra a dous corzos que ataba a un carro; pero un día o
lobo comeu un dos corzos. En castigo, San Mamede puso o lobo co corzo
que quedaba e obligouno a seguir carretando a pedra para rematar a súa
capela..
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901