IGREXA DE SAN MARTIÑO DE MEIS
MEIS
PONTEVEDRA
     Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, no ano 2009 tiña 5.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».
     O monumento máis destacado é o mosteiro da Armenteira, formado pola 
igrexa do século XII e o mosteiro propiamente dito, reconstruído entre 
os séculos XVI e XVIII. Recentemente foi acordada unha nova e cobizada 
rehabilitación que o dotará, entre outras instalacións, dunha hospedaxe.
     O visitante pode achegarse á capela de Santa María de Nogueira, resto 
dun antigo mosteiro que lle dá nome á capital, Mosteiro, lugar no que se
 localiza; á igrexa de San Martiño de Meis e á de San Salvador, ambas do
 século XII; á igrexa de Paradela, coa ábsida románica, e á de Santo 
Tomé, con interesantes pinturas do século XVI. Son tamén interesantes a 
igrexa de San Lourenzo e a de San Vicente, esta con magníficos retablos 
de pedra. 
     Tamén existen testemuños arqueolóxicos, sobre todo, da
 cultura castrexa no monte Castrove, no que se observan os petroglifos 
de "Outeiro de Cribo". En arquitectura civil sobresaen o pazo de 
Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, todos situados na parroquia
 de Paradela; e os antigos muíños fluviais repartidos por todas as 
parroquias, sendo de destacar os de Arcos (Santo Tomé) que forman unha 
cadea de pequenas edificacións sucesivas. 
 
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901