lunes, 26 de noviembre de 2012

MUIÑOS DE CAMBOÑO - LOUSAME

MUIÑOS DE CAMBOÑO
LOUSAME
A CORUÑA 


      O Concello de Lousame está situado ó oeste e Galicia e ó suroeste da provincia de A Coruña. A maior parte do territorio municipal está aberto cara á ría de Noia-Muros, xa que é nesta ría onde se desenvolve a maior parte da actividade, tanto económica coma doutra índole.


      Tamén por este maior achegamente, pertence ó partido xudicial de Noia e forma parte da Fundación Comarcal Noia. No territorio municipal, dentro das sete parroquias, hai varios miradores naturais dende onde se poden contemplar magníficas panorámicas das rías de Noia-Muros e de Arousa, así coma do interior da provincia.


      Son edificios de planta rectangular ou cadrada destinados a albergar unha máquina de moer gran, tanto millo, como centeo ou trigo para o consumo animal ou humano. Debido ó abaratamento e maior facilidade e rapidez que ofrecen os modernos muiños eléctricos, caeron en desuso estas construccións nas que o gran se moía gracias á forza da auga, de aí que todos se ubicaban preto dalgún regato ou río cunha canle que lle levaba a auga.


     Normalmente teñen varios propietarios ou seareiros, que compartían o uso por turnos. Quedan abundantes exemplos ó longo dos nosos ríos, en diversos estados de conservación, aínda que o máis frecuente é que estén en proceso de deterioro, debido ó abandono no que caeron nos últimos anos.


     Están construidos en mampostería con adarxas de sillería e porta de entrada de madeira dunha soa folla. A cuberta é de tella do país a dúas augas e a maquinaría era case sempre de madeira con rodicio que podía ser de ferro. Este movía a capa sobre a moa que eran de pedra e machacaban o gran. A auga entra ó muiño, dende o río, por unha canle e volta ó río por un oco aberto na parte baixa do edificio.



VIDEO

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901