PONTE DE SOBREIRA
RÍO BARBANTIÑO
SOBREIRA
VILAMARÍN
Ponte de Sobreira
A ponte, de orixe medieval malia que reconstruída no século XVIII, érguese sobre o río Barbantiño.
Ten un único arco, lixeiramente apuntado, e conta con multitude de marcas de cantaría.
O peitoril está formando por grandes pedras con fermosas doelas no comezo, e a calzada tamén é de pedra.
Río Barbantiño
O río Barbantiño é un afluente do río Miño que discorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Percorrido
Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e descorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.
Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.
Sobreira
San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres. O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.
Patrimonio
No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión. O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.
Lugares de Sobreira
Arbor, Oxén, O Rego, Sobreira
Vilamarín
Vilamarín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2056 habitantes. O seu xentilicio é vilamarinés.
Xeografía
Situado ao norte da provincia e a 17 km da súa capital, o concello de Vilamarín ocupa unha superficie de 56 km².
Limita ao norte co concello de Carballedo (provincia de Lugo) ao sur con Amoeiro, ao leste coa Peroxa e ao oeste con San Cristovo de Cea.
Parroquias
Boimorto (Santa Baia), León (Santa Baia), Orbán (Santa María), Reádegos (San Vicente), O Río (San Salvador), Sobreira (San Xoán), Tamallancos (Santa María), Vilamarín (Santiago), Viña (San Román)
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901