lunes, 16 de agosto de 2021

IGREXA DE SAN SALVADOR DE SARRIA - SARRIA

 IGREXA DE SAN SALVADOR

RÚA CASTELO

SARRIA

Igrexa de San Salvador de Sarria

         A igrexa de San Salvador é un templo de planta románica e fachada gótica do século XII, unha das tres igrexas da parroquia civil de Sarria.

Situación
     O templo está situado ao final da Rúa Maior, onde comeza a Rúa do Castelo, no itinerario do Camiño Francés.

 

Historia
     A comezos de 2014 a comunidade de mercedarios que atende o templo decidiu suspender o culto nela, polo mal estado da cuberta e o risco de derrubamento.

      En maio de 2015 formalizáronse os contratos de rehabilitación da igrexa, cofinanciados pola Consellería de Cultura e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por valor de 254.000 €. 

      Os traballos se centraron nos elementos exteriores do templo, sustituindo a cuberta da igrexa por unha nova e reparando os danos causados pola filtración de auga na estrutura de madeira do teito.

Arquitectura

      O estilo da igrexa encádrase no gótico con trazas tardorrománicas, na ábsida.

     O templo conta cunha espadana de estilo barroco, engadida en 1860.

Culto
       A igrexa é o templo parroquial de unha das tres parroquias nas que está organizada Sarria, xunto coas parroquias de Santa Mariña e do Rosario.


       A parroquia pertence ao arciprestado de Sarria-Samos.

      O templo está atendido por unha comunidade de mercedarios.

Sarria
         Sarria é o núcleo urbano e a capital municipal do concello de Sarria na provincia de Lugo.

        Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 8.234 habitantes (3.957 homes e 4.277 mulleres) distribuídos en 3 parroquias ou barrios urbanos, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 7.570 habitantes.

      As parroquias do núcleo urbano de Sarria son San Salvador, Santa Mariña e A Nosa Señora do Rosario.

Parroquias de Sarria
       Albán (Santa María), Barbadelo (Santiago), Belante (Santa María), Betote (San Vicenzo), Biville (San Miguel), Calvor (Santo Estevo), O Camiño (San Mamede), Castelo dos Infantes (Santiago), Cesar (San Salvador), A Chanca (San Mamede), Chorente (San Xulián), Corvelle (Santa María), Fafián (San Xoán), Farbán (Santiago), Ferreiros (San Sadurniño), Fontao (San Martiño), Frades (San Xulián), Goián (San Miguel), Lier (Santa María), Loureiro (San Martiño), Lousadela (Santo Estevo), Louseiro (San Martiño), Maside (San Pedro), O Mato (San Salvador), Meixente (San Xulián), Nespereira (Santiago), Ortoá (Santa María), A Pena (Santa María), Piñeira (San Miguel), A Pinza (San Salvador), Requeixo (San Martiño), Rubín (Santa Mariña), San Fiz de Reimóndez (San Pedro Fiz), San Fiz de Vilapedre (San Fiz), San Miguel de Vilapedre (San Miguel), San Pedro de Froián (San Pedro), San Sadurniño de Froián (San Sadurniño), San Salvador da Pena (San Salvador), San Vicenzo de Froián (San Vicenzo), San Xulián da Veiga (San Xulián), Santalla de Arxemil (Santalla), Santo André de Paradela (Santo André), Santo Antolín (Santa Eufemia), Santo Estevo do Mato (Santo Estevo), Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario), Seteventos (San Pedro), A Veiga (Santiago), Vilamaior (Santa María), Vilar (Santa María), Vilar de Sarria (San Salvador)


Comarca de Sarria
     A comarca de Sarria é unha comarca galega situada na metade sur da provincia de Lugo.

      Limita polo noroeste coa comarca de Lugo, polo nordeste coa dos Ancares, polo sueste coa de Quiroga, polo oeste coa de Chantada e polo sur coa Terra de Lemos.

      A capital da comarca, así como o núcleo máis poboado, é Sarria.  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901