domingo, 15 de agosto de 2021

OS GROBOS - BECERREÁ - COMARCA DOS ANCARES

 OS GROBOS

BECERREÁ

COMARCA DOS ANCARES


 Os Grobos, un bosque de conto
     Entre os municipios de Becerreá e As Nogais esténdese a Zona de Especial Conservación Cruzul-Agüeira, espazo natural situado na contorna do curso do Navia e dalgúns dos seus afluentes e integrado na Rede Natura 2000.

     Neste lugar atopamos o aciñeiral de Cruzul, cuxa singularidade vén dada pola súa propia situación nunha ladeira montañosa de forte pendente e sobre unha franxa de rochas calcáreas.

       Aquí xérase un  microclima con boas condicións para o desenvolvemento de especies de bosque mediterráneo que fan desta formación o bosque de aciñeiras situado máis ao norte de Galicia.

      Por outra banda, aos pés do souto de castiñeiros de Agüeira, sitúase o coñecido bosque dos Grobos, onde sobresaen impoñentes afloracións de rocha calcaria modeladas pola humidade que dan a este lugar un ambiente case máxico.

     Neste labirinto de rochas kársticas pódese gozar dun colorido espectáculo de contrastes propiciado polo xogo de luces e sombras que logran penetrar entre os pasadizos e a densidade dunha vexetación que convida a adentrarse nun universo paralelo.

     Moi preto deste espazo natural levantouse a ponte sobre o río Cruzul, no trazado da Nacional VI.

     Construída por Carlos Lemaur en época do Rei Carlos III, esta obra reforzou o carácter do municipio de Becerreá como lugar estratéxico de conexión de Galicia coa Meseta e foi testemuña de episodios das guerras napoleónicas e da chegada de Isabel II a Galicia.


Comarca dos Ancares
     Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. 

     Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.


Localización e características
     É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). 

      Os Ancares tiña 9 662 habitantes no 2020, e 1.049,96 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 9,20 hab/km2. 

     Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

    Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. 

      Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. 

      Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901