domingo, 22 de agosto de 2021

MUIÑOS DE RABIÑOSO - RÍO PARGA - VILAR DE RAMILO - GÁNDARA - ZAS


 MUIÑOS DE RABIÑOSO

RÍO PARGA

VILAR DE RAMILO

GÁNDARA

ZAS

 Vilar Ramilo
      Vilar Ramilo é un lugar da parroquia da Gándara no concello coruñés de Zas da comarca da Terra de Soneira.

     Tiña 20 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 12 homes e 8 mulleres.

Gándara
      Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Megalitismo
     Hai entre 5000 e 7000 anos atopáronse mámoas coma a Mámoa do Cedreiro ou a Mámoa da Mina, entre outras 30 ou 40 mámoas da parroquia.

     Ten tantas ó atoparse na comarca de Soneira, abundante en mámoas. A mámoa do Cedreiro é inaccesible debido á maleza. A mámoa da Mina, de tipo portela, por onde pasaba un camiño real.

Nesta parroquia atopáronse dous castros:
    Castro de Bico de Cruz ou das Cortellas: Chámanlle `das Cortellas´ porque a xente víalle as casiñas do castro. 

      Curiosamente as casiñas estaban fóra da fortaleza debido ó vento. Só ían á fortaleza cando asaltaban ó castro.

Natureza
    Pico de Meda: Dende alí vese toda a costa dende Fisterra ata Arteixo. Esta no límite con Carreira.
    Férveda do Rabiñoso: Está no límite con Coristanco onde hai moitos muíños, todos en ruínas. Atópase no lugar de Vilar Ramilo.

Lugares de Gándara
      Budián, Gándara, Parga, Quintáns, O Sisto, Sobreira, Vilaestévez, Vilar Ramilo

Comarca da Terra de Soneira
     A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. 

      A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas.

     Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste.

       Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901