lunes, 16 de agosto de 2021

EIRA DA POUSA - A POUSA - ARMARIZ - XUNQUEIRA DE AMBÍA

EIRA DA POUSA

A POUSA

ARMARIZ

XUNQUEIRA DE AMBÍA


A Pousa
     A Pousa é un lugar da parroquia de Armariz, no concello ourensán de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE, en 2018 tiña 37 habitantes (17 homes e 20 mulleres).

Armariz
     San Salvador de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. 

     No ano 2007 tiña 348 habitantes (180 homes e 168 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Armariz
      Areás, Armariz, Os Casares, As Casas Novas, A Chouzana, Merí, Outorelo, A Pousa, Salgueiros, San Andrés, Vilanova, Vilariño do Río

Xunqueira de Ambía
      Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. 

     Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes. O seu xentilicio é xunqueirao.

Situación
      O concello, de 60,21 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Hidrografía
      O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

 Historia
      Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

      Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida.

     Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

     A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas), San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio
     Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueiros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.

Parroquias de Xunqueira de Ambía    
     A Abeleda (San Vicente), Armariz (San Salvador), Bobadela a Pinta (Santa Mariña), A Graña (Santiago), Sobradelo (San Román), Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

 Comarca de Allariz
     A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901