viernes, 6 de agosto de 2021

CASTELO DE SARRIA OU TORRE DOS BATALLÓNS - SARRIA

CASTELO DE SARRIA

TORRE DOS BATALLÓNS

SARRIA

 Castelo de Sarria
     O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.

Historia
     Descoñécese a orixe da construción, tanto a data como quen foi o seu fundador.

     A mediados do século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Sarria por medio do seu matrimonio con Elvira Osorio, filla de Suer Yañez de Moura, e posibelmente foi nesas datas cando se construíu a fortificación no lugar ocupado anteriormente por un antigo castro.

     A fortificación foi arrasada polos sublevados irmandiños no transcurso da Gran Guerra Irmandiña, por volta de 1467. 

     E construída tras ser sufocada a revolta. Até o século XVII serviu como prisión, e estivo habitada até 1730 polo corrixidor, Xustiza Maior ou Meiriño Maior das cinco pobras do Marquesado de Sarria: A Pobra de Sarria, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao, San Xillao da Pobra e A Pobra de Triacastela.

     Despois do seu paulatino abandono, en 1860, unha metade foi adquirida polo avogado e político Manuel Pérez Batallón, veciño de Sarria, que procedeu ao reenchido dos profundos foxos defensivos, o seu desescombro, a súa anexión á súa horta e casa, o levantamento dun muro de peche de toda a propiedades, e a reparación da torre coa colocación da escaleira que aínda existe.

      Pola súa banda, o Concello de Sarria adquiriu a outra metade da fortaleza, procedendo á total explanación do seu terreo e á eliminación de todo resto das defensas e fosos, para a ampliación do campo da feira.

      Actualmente a única parte conservada da fortaleza segue pertencendo aos mesmos herdeiros do político e está en venda.

Características
      Os restos da fortificación que chegaron até a actualidade limítanse a unha torre de defensa, de planta irregular e fronte semicircular, e que formaba parte do castelo, servindo de reforzo dun ángulo onde se xuntaban dous dos seus lados.

      A torre conserva as ameas e unha altura duns catorce metros, tendo un eixo de 6-7 metros.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901