lunes, 16 de agosto de 2021

CAPELA DE SAN XILLAO - SAN XILLAO - XUNQUEIRA DE AMBÍA

 CAPELA DE SAN XILLAO

SAN XILLAO

XUNQUEIRA DE AMBÍA

Xunqueira de Ambía
     Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (do latín "iuncariam", 'lugar onde abondan os xuncos') é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda.

      No ano 2007 tiña 552 habitantes (269 homes e 283 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Parroquias de Xunqueira de Ambía
     Acevedo, O Covelo, A Farria, Quintela, Requeixiño, O San Martiño, San Xillao, A Siota, Xunqueira de Ambía, Xunqueiroá

Xunqueira de Ambía
       Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda.

      Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes. O seu xentilicio é xunqueirao.

Situación
      O concello, de 60,21 km², abrangue seis parroquias.     Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.

Parroquias de Xunqueira de Ambía     
      A Abeleda (San Vicente), Armariz (San Salvador), Bobadela a Pinta (Santa Mariña), A Graña (Santiago), Sobradelo (San Román), Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Comarca de Allariz
      A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

     Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901