PETRÓGLIFO DEVESA DO REI
O POMBAL
MEIRA
MOAÑA
Petróglifo de Devesa do Rei
Petróglifo que podemos ver unha gran laxe case plana e composto dun gravado principal con forma de reticulado situado na parte central da rocha, cunha dimensións aproximadas de 1,87 x 1,12 m.
Ao seu redor podemos ver outros motivos como dous gravados abstractos, un deles de 7 X 25 cm. composto dun círculo cun apéndice cortado por unha lina transversal; un suco con forma de semicírculo; un pequeno reticulado de 25 X 35 cm. de difícil lectura pola súa erosión; sucos e cruces que posiblemente formaran parte doutro reticulado.
Orixinariamente este petróglifo se situaba na ladeira NE do Alto das Cidades.
No momento que se comeza a construción do Corredor do Morrazo CG 4.1 se traslada e se coloca no lugar que no que o podemos ver hoxe.
Este traslado, realizado con maquinaria pesada, rompeu a pedra en varios anacos, o que afectou gravemente ao petróglifo.
O Pombal
O Pombal é un lugar da parroquia de Meira, no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 202 habitantes, dos cales 93 eran homes e 109 eran mulleres.
Meira
Santa Eulalia de Meira é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE en 2011 tiña 3956 habitantes (1976 mulleres e 1980 homes), 136 máis ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
Patrimonio
Entre o seu patrimonio, cabe destacar a presenza de petróglifos: as dez estacións da parroquia son o petróglifo da Chan do Caeiro, petróglifo da Devesa do Rei, petróglifo da Torre de Meira, petróglifo da Xesteira, petróglifo das Meáns, petróglifo de Bronlle, petróglifo de Meira, petróglifo do Pozo Garrido, petróglifo do Viveiro e os petróglifos da Borna.
Santa Eulalia de Meira está representada pola igrexa de Santa Eulalia, na zona denominada "Meira de arriba"; pero a parroquia ten outras pezas de arquitectura como a capela da Virxe Peregrina, ou a ermida de San Bartolomeu, no centro da antiga illa de mesmo nome.
Festas
No ano 2011 recuperouse o entroido de Meira, baseado na danza de madamas e galáns e desaparecido nos comezos da guerra civil española.
Lugares de Meira
Couso, A Guía, Isamil, O Latón, A Moureira, O Pombal, Reibón, A Ribeira
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901