lunes, 16 de agosto de 2021

PAZO ANZUXAO - MADRIÑÁN - LALÍN

 PAZO ANZUXAO

MADRIÑÁN

LALÍN

 Pazo de Anzuxao     
     Na comarca do Deza, rodeado dunha contorna privilexiada atópase o Pazo de Anzuxao, un dos maiores exemplos de arquitectura civil da comarca.

     Desde fai máis de corenta anos, nos seus arredores atópanse asentadas as instalacións de Lácteos Anzuxao, unha fábrica tradicional de queixos galegos á que lle presta o seu nome.

     Rodeada de fermosos xardíns levántase en pedra esta acolledora casa señorial que conta cos elementos típicos que definen estas emblemáticas construcións galegas: unha preciosa capela, un escudo familiar, un palomar e un hórreo, todos perfectamente conservados ao paso do tempo mediante un coidadoso proceso de restauración.

     Á fronte destaca a súa galería balustrada con escaleira lateral. 

     As orixes do Pazo remóntanse ao ano 1713 e relaciónanse coa familia e linaxe dos Andrade.

     Lácteos Anzuxao invíta a visitalos, degustar os seus queixos e gozar dos xardíns e arredores do Pazo.

     Achégache a téndaa-salón de degustación e coñece o seu peculiar e tradicional proceso de elaboración do queixo Tetilla, Arzúa Ulloa (do País) e os seus semicurados.

Madriñán
     Santo Adrao de Madriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

       Segundo o IGE en 2011 tiña 148 habitantes (74 mulleres e 74 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 180 habitantes.

Patrimonio
    O pazo de Anzuxao, do século XVIII, no lugar de Anzuxao.
    Cruceiro de Madriñán.
    Igrexa de Santo Adrao.

    O castro de Madriñán, conformado a partir dun único recinto de planta oval, coas seguintes dimensións: o eixo N-S mide uns 95 m no interior e 130 m ao exterior. O eixo O-L mide 65 m no interior e 90 m polo exterior. Se se teñen en conta tamén as defensas exteriores (foxo), a lonxitude é de 115 m. Conserva o parapeto en todo o seu perímetro, agás nas zonas en que foi destruído por actividades antrópicas, en concreto no sector nordés e puntualmente no noroeste. A altura interior do parapeto está entre 2 m e 4 m.

Lugares de Madriñán
Anzuxao, A Goleta, A Grela, Madriñán, Martín, O Pazo, O Piñeiro, Portos, Santradao, A Torre

Comarca de Deza
      A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente : www.lacteosanzuxao.com

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901