viernes, 8 de enero de 2021

PONTILLON DE O CASTRADO - O CASTRADO - RÍO GANDARA - CERPONZÓNS

 PONTILLON DE O CASTRADO

O CASTRADO

RÍO GANDARA

CERPONZÓNS

  Cerponzóns
      San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra.

     No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999.

     Ten trece entidades de poboación.

     Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio
     A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

     Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

     A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o encoro de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

     Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons.

   Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela.

     Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Lugares de Cerponzóns
     A Balea, Bouza, O Bravo, O Castrado, A Costa, O Cunchido, A Ermida, Leborei, A Meán, Pidre, O Queimado, San Caetano, Tilve, Vigario 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901