martes, 19 de enero de 2021

COTO DOS LADRÓNS - SERRA DO SUÍDO - LAXE - FORNELOS DE MONTES

COTO DOS LADRÓNS

SERRA DO SUÍDO

LAXE

FORNELOS DE MONTES

 O Coto dos Ladróns.
      Son unhas formacións rochosas con oquedades onde se di que se escondían cuatreros, asaltantes de camiños e a mismísima Pepa A Loba, o que si e certo e que tamen foi refuxio das xentes que estaban no monte coidadando o gando.


     O lugar e sorprendente e mesmo impon o seu colosal tamaño, que non deixa de sorprender o camiñante.


Serra do Suído
     A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.


A serra e o home
     Intúense refuxios do paleolítico, e cóntase con presenza de mámoas do período megalítico. A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven ás súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os chozos do Suído, que durante séculos foron usados polos poboadores de case todas as parroquias do concello de Avión. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos chaman sesteiros: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea. Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todas as vilas do arredor. 

      Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da Amiudal cara á Hedreira. Existen tamén foxos de lobo.

     No alto da serra, vindo de Beariz cara a Pontevedra, está a Portela da Cruz. Nela pódense atopar vestixios dun camiño moi antigo, chamado a Verea, que era unha vía de comunicación moi importante para toda a zona, xa que atravesa todo o Suído e chega ou chegaba cando menos á Graña, xa en Pontevedra. Suponse que foi parte dun camiño real que se enlazaba con outros que unían Castela e o País Vasco, rematando na Coruña.


Xeoloxía
     Predominan as rochas de orixe metamórfica, especialmente o granito herciniano ben visible nos afloramentos froito da perda dos sedimentos que os cubrían, aínda que tamén se atopan rochas estratificadas como os xistos. As formas son dondas e suaves con numerosos chans nas elevacións (Chan do Libro, Chan de Valdohome, Campo Largo...).

     Solos ácidos e húmidos onde nacen os ríos Tea, Oitavén e Verdugo cara ao oeste, e o río Avia cara ao Leste. Todos eles baixan en rápidos e fervenzas de gran beleza como a fervenza de Mouriscados ou Abelenda, a freixa do Xesta ou alto Oitavén e a fervenza de Verducido.

     O punto máis elevado é a Sesta Cerrada con 1059 metros de altitude. Existen outros puntos que sobardan os mil metros de altitude como o Coto dos Xarotos ou o Portiño Escuro. Albíscanse uns certos efectos periglaciais como as turbeiras e a degradación das rochas por cuña de xeo. Estamos ante a zona máis chuviosa de Galicia onde as precipitacións chegan aos 2862 mm de media.

Hábitats
     A media ladeira consérvanse fragas autóctonas de gran valor con carballos, cerquiños e bidueiros, rascacús, loureiros, sobreiras e acivros. Máis arriba, aparecen interesantes formacións herbosas, pasteiros, matogueiras, poulas, queirugas, uces, piornos e, sobre todo, toxo cuxas chumusas tinguen de amarelo os seus chans e as súas abas. Nas turbeiras encóntranse musgos como o esfagno e tamén as curiosas orballiñas, diminutas plantas carnívoras que nas súas pegañentas follas atrapan pequenos insectos.

     Existe unha gran riqueza floral: amarelle, paxariños, xunca de algodón, dente de can, abrótega, xacinto bravo, violeta e quitamerendas (ou tollemerendas, Merendera bulbocodium). Entre os mamíferos ademais da raposa, a lontra, o teixugo, a xeneta, o xabarín e o gato bravo, salienta o dominio do lobo. Existe unha gran variedade de morcegos. 

     A avifauna é dunha enorme variedade (miñatos, tartarañas, falcóns, bubelas, merlo rubio, lavandeiras, aguia albela...) chegando a encontrarse exemplares de aguia real e bufo real. Entre os anfibios e réptiles débese citar o sapiño pinto, a estroza, a ra vermella, a víbora de seoane, o tritón, a píntega, a salamántiga rabilonga ou a cobra viperina. 

NOTA:

     As fotos son unha aportacion de Rosana Comesaña, Gracias

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901