viernes, 8 de enero de 2021

PASOS DE AS RIVEIRAS - RÍO CALVELLE - AGUASANTAS - CERDEDO COTOBADE

 PASOS DE AS RIVEIRAS 

RÍO CALVELLE

AGUASANTAS

CERDEDO COTOBADE

 Aguasantas
     Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.


Patrimonio

     A parroquia católica pertence ó arciprestado de Cotobade, da arquidiocese de Santiago de Compostela. A igrexa parroquial é punto de romaría, con culto á Nosa Señora. Posiblemente o primeiro templo fose románico. No século XVI comezouse un novo edificio, rematado no XVII. Antigamente celebrábase unha romaría o 8 de setembro.


     Conta a tradición, recollida polo padre Solla, que na Idade Media a única igrexa da zona era a da parroquia de Caroi. Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza. Logo de correrse a voz, os frades do mosteiro de Tenorio promoveron a construción dun novo templo, comprometéndose a ir dar a misa.

     Nesta parroquia, no lugar da Pena, naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922, autor do cruceiro do Hío) e mais o pai franciscano Andrés Solla García.


Lugares de Aguasantas
     Agualta, O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campo, O Campodanta, A Casa Grande, O Casal, O Castro, Ceraxe, O Coto, A Coutada, A Coviña, O Cristil, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, Penelas, Peroselo, A Portela, Portomarín, O Regueiro, Sucastro, Trasdonabal, O Trebello


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².

     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Toponimia
     O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.


Cerdedo
     Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.

Cotobade
      En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.

     O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).

Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)   

Nota:
     Moi agradecido a Ana, Jose Antonio e Manuel Fernandez por tanta axuda, GRAZAS

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901