domingo, 3 de enero de 2021

FERVENZA DE ERVEDO - RÍO PATELA - O PAZO - CUNTIS

 FERVENZA DE ERVEDO

RÍO PATELA

O PAZO

CUNTIS

  Cuntis
     Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio é «cuntense».

Xeografía
      O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de Valga, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña e Caldas de Reis. Ten 79,8 km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.


Lugares de interese turístico

Mananciais de auga termal
     As augas dos mananciais do concello de Cuntis son sulfuro-sódicas e hipertermais, acadando até os 64 °C. O seu uso terapéutico está recomendado contra a reuma, a gota ou a psoríase. Antigamente tamén era recomendado para curar a sífilis. Algúns dos mananciais están explotados por empresas privadas, a pesar das protestas veciñais que defenden o seu carácter público.

     Destacan os mananciais de Fogo de Deus (ou do Foxo, ou A Burga), de uso público; o da Carreira do Conde, de uso privado; o da Rúa Real; As Eiras (Eira Vella e Eira Nova); Os Forniños (Forno Novo e Vello); a Burga do Castro e A Barreira.

Parques
    Parque da Feira: ampla zona de recreo, antigamente coñecida como As Codeseiras. Nel celébranse festas e romarías e sitúase o pombal e o hórreo da casa reitoral, o monumento homenaxe aos Canteiros, esculpido polo artista local Maxín Picallo Durán e un busto de Roberto Blanco Torres.

    Parque de Maráns: nel está o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Desde el contémplase a vila de Cuntis desde un miradoiro.


    Parque do Castro:
situado á beira do río Gallo, é privado.

Outros lugares
    O Penedo: unha poza do río Umia próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (Margaritifera margaritifera), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de Vilameán e O Casal pódese ver unha casona de cantaría cun gran hórreo, a igrexa parroquial e o calvario, rodeados dunha carballeira onde se celebran as romarías.
    Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e Mesego, son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, Salnés e terras de Montes e A Estrada.
    Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123): Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do Umia e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección aos petróglifos de Cequeril.


Festas

    Reis Magos: 6 de xaneiro (Meira)
    Santo Ildefonso: 23 de xaneiro (Troáns)
    San Brais: 3 de febreiro (Piñeiro)
    Santa Apolonia: luns de Entroido (Mesego)
    Festa do Lacón: domingo de Entroido (Cuntis)
    Festas da Virxe do Loreto: luns de Pascua (O Loureiro)
    Feira Gastronómica do coello: 22 de xuño (A Anllada)
    Cacharelas de San Xoán: 23-24 de xuño (destaca a de Guldrigáns e a de Castrolandín, entre outras)
    Santo Cristo: 29 de xuño (Estacas)
    San Bieito de Pereira: 11 de xullo (Trasponte)
    A Madalena: 22 de xullo (Meira)
    Santiaguiño: 25 de xullo (A Ermida)
    Festas patronais: 15, 16, 17 e 18 de agosto (Cuntis)
    Rapa das bestas do Monte Xesteiras: segundo fin de semana de agosto (Couselo).
    Festa do Cabalo: 18 de agosto (Trasponte)
    Virxe da Peña de Francia: 19 de agosto (Xinzo)
    Festas de Cequeril: derradeiro fin de semana de agosto (Cequeril)
    San Ramón: derradeiro domingo de agosto (A Anllada)
    Festa Virxe das Dores: 16 e 17 de setembro (Cuntis)

Feiras
     Aínda que antigamente se celebraban tres (a do Baño, a de Santo Isidro en Meira e a da carballeira do 18 en Troáns), arestora só se celebran o día 22 de cada mes e os sábados pola mañá na Praza da Constitución.

     A feira do dezaoito recuperouse como feira sustentábel artesanal, gastronómica e lúdica con carácter anual a partir de 2009. Celébrase o sábado máis próximo ao día 18 do mes de xuño.

Comarca de Caldas
     A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis.

     Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Parroquias de Cuntis     
     Arcos (San Breixo), Cequeril (Santa María), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia), Troáns (Santa María) 

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901