viernes, 8 de enero de 2021

MUIÑO EN A CANICOUVA - A CANICOUVA - RÍO ULLO

MUIÑO EN A CANICOUVA

A CANICOUVA

RÍO ULLO

 A Canicouva
     Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. 

       Segundo o IGE no 2019 tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.


Xeografía e comunicacións
     A parroquia sitúase na zona sur do concello de Pontevedra, limitando ao norte con Tomeza e Marcón, ao sur e ao leste con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns (Ponte Caldelas) e ao oeste con Bértola, Figueirido e Vilaboa (Vilaboa). 

     Pertence ao concello de Pontevedra desde 1960, pois antes formaba parte do entón anexionado concello de Ponte Sampaio xunto con esta parroquia, e que fora creado en 1833.

     Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como O Toural (Vilaboa) ou Arcade (Soutomaior), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. 

      Por esta parroquia discorre o Camiño Portugués.


Demografía
     Segundo o nomenclátor do Instituto Galego de Estatística para o ano 2019, a parroquia tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 núcleos de poboación. Isto supón unha diminución dun 12,9% respecto a 2009, e dun 20,9% respecto ao ano 1999.

Patrimonio
     No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

     No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

     As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares da Canicouva
     Cacheiro, A Canicouva


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901