jueves, 7 de enero de 2021

MUIÑO DA POZA - LAMASUSÁN - AMOEDO - PAZOS DE BORBÉN

 MUIÑO DA POZA

LAMASUSÁN

AMOEDO

PAZOS DE BORBÉN


     Os ríos de Pazos de Borbén están ancorados de pontes, muiños, canles e elevadas, construcións de pedra cun estatus entre a arquitectura e a ingeniería popular.

     Trátase dun interesantísimo patrimonio etnográfico que lamentablemente aos poucos vaise perdendo ao tempo que se abandonan os usos agrarios tradicionais.


OS MUIÑOS
     Os muiños son construcións que se utilizaban para moer o gran e facer farina. Dada a importancia que tivo antiguamente o pan na alimentación, os muiños constitúen un elemento moi presente nas nosas parroquias, pois a actividade do mundo rural viraba en torno a eles.

       Os nosos muiños son todos de pedra e hidráulicos e localízanse en Pazos de Borbén uns 60.

     A maioría son simples e pequenos, aínda que podemos atopar algúns nos que se construía un cubo ou pozo de pedra de grandes dimensións aos que chegaba a auga mediante un acueducto.

     Un exemplo deste sistema é o Muiño de Jacinto, en Xunqueiras. Outro bonito exemplo de muiño en bo estado de conservación é o Muiño de Fonte Cova en Borbén.


OUTRAS CONSTRUCIÓNS

      En torno de os muiños sempre atopamos restos en pedra, vestixios dun rico patrimonio histórico pertencente á vida rural: levadas para a auga, pasos e pontes, fontes, e típicos camiños de carros empedrados, agora en desuso, con pedras asurcadas polas marcas dos carros.

COMO SE UTILIZABAN
     Os veciños das aldeas repartían as horas de moer o gran por quendas. Na nosa zona estes períodos de tempo que lle pertencía a cada veciño eran coñecidos como fridas.

     Cando tocaba moer polas noites, acendíanse pequenas fogueiras e cantábanse multitude de cantigas para pasar a noite máis entretida. Ao redor dos muiños establecíanse importantes relacións sociais, ofrecendo á nosa cultura múltiples manifestacións relacionadas con eles.


     Hoxe en día estanse recuperando algúns destes muiños para que os máis novos saiban como era o seu funcionamento.


CRENZAS E SUPERSTICIONES
     Contan que si pasaba algo estraño no muiño, como que paraba de moer por momentos ou algo así, era porque a Santa Compaña roldaba por alí. O que facían era botarlle unhas brasas dá fogueira na moa o tempo que se rezaba un Padrenuestro e o muiño seguía.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901