sábado, 9 de enero de 2021

MUIÑO DE PORTO BARREIRO - REGO DA GANDARA - REARÍZ - ALBA

 MUIÑO DE PORTO BARREIRO

REGO DA GANDARA

REARÍZ

ALBA


Reariz
     Reariz é un lugar da parroquia de Alba no concello de Pontevedra na comarca homónima. 


     Segundo o IGE en 2013 tiña 136 habitantes censados (69 homes e 67 mulleres), sete menos ca en 2010 e dezaseis menos ca en 2004. Pola aldea pasa o Camiño Portugués.


Alba
     Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do IGE tiña 763 habitantes en 2013, dos que 400 eran mulleres e 363 homes, distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un progresivo descenso en relación ao ano 2010 cando tiña 825 habitantes; ao ano 2008, con 850; e ao ano 2004, cando eran 865 veciños.

     Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.

Lugares de interese
     Nesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.

     Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.

     A igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Touceda, é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.

     Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.

     A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.

Lugares de Alba
     A Devesa, Guxilde, Lampreeira, Pontecabras, Reariz, San Caetano, Touceda 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901