lunes, 16 de julio de 2018

IGREXA DE SAN XOÁN DE ALBEOS - ALBEOS - CRECENTE

 IGREXA DE SAN XOÁN DE ALBEOS
ALBEOS
CRECENTE



Igrexa de San Xoán de Albeos
     Igrexa con advocación a San Juan Bautista, data do século XVII/XVIII, de orixe románica aínda que con numerosas reformas posteriores, se sitúa en "Mosteiro", nome que procede da antiga situación do Mosteiro de San Paio.


     Planta de cruz latina con ábsida destacada en altura, conserva da primitiva fábrica románica parte dos aleiros dos muros laterais cos seus modillóns e a porta occidental. 


     Esta porta occidental, posúe un arco semicircular con tímpano sobre xambas de perpiaños e dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas que presentan esquemáticos capiteis de dobre orde de follas que rematan en volutas. O tímpano está presidido por unha cruz bilobulada rodeada de decoración vexetal e outros


Albeos
    San Xoán de Albeos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 476 habitantes (238 homes e 238 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 676 habitantes.



Historia
    É a parroquia natal de San Paio, sobriño do bispo de Tui Hermixio, que foi raptado por Abderramán III no ano 920.



     Na súa memoria erixiuse o mosteiro románico de San Paio, do que se conservan algunhas ruínas. Aquí naceu tamén o bispo católico Gilberto Gómez.



Lugares de Albeos
     A Beira do Río, A Boavista, Camán, A Capela, A Carballosa, A Carreira, O Cazapal, O Cerraque, As Chans, O Coto de San Mariño, O Forno Telleiro, A Lama, As Laranxeiras, O Morgado, O Mosteiro, Os Muíños, O Outeiro, Paradela, O Pazo, O Perdigón, A Portela, As Redondas, A Regalada, O Rodo, Santa Marta, O Seixal, A Terranova, A Uceira, Vilameán, Vilapide 



Crecente
     Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.261 habitantes. O seu xentilicio é «crecentense».




Xeografía
     Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteira con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².



     Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.



Historia
     No límite co concello de Arbo atópanse uns petróglifos no monte, e nos lindeiros coa provincia de Ourense un túmulo megalítico.



     Durante a idade de ferro, coa cultura castrexa construíronse varios castros: castro da Cidá ou castro de Sabanle, na parroquia de Quintela, onde se atoparon un tríscele (conservado no Museo de Pontevedra) e un torso de guerreiro castrexo (no Museo Quiñones de León de Vigo). Os castros do Cerco (na aldea de Bouza de Padrosos), o de Coutofurado ou de San Sebastián, en Parada de Rebordechán e o do lugar de Castro no propio Crecente están todos eles romanizados. Durante a dominación romana construíuse unha calzada bordeando o río Miño, e unha torre (orixe da de Fornelos).



     Na idade media a zona formou parte do condado de Turonia, fronteira durante o Reino de Asturias e logo demarcación entre os condados de Galicia e Portugal, pertencendo parte dese concello á raíña Dona Tareixa (nai do futuro rei de Portugal Don Henriques). Ó ser lugar de fronteira sufriu diversas escaramuzas e de aí proveñen as fortificacións de Fornelos e Sendelle, sendo as diversas parroquias posesións de diversos señores feudais, entre os que destacan os templarios (que fundaron o mosteiro de San Pedro de Crecente) o mosteiro de Melón, e a liñaxe dos Soutomaior. Esta familia obtivo numerosos bens e os seus conflitos foron moi soados.



     O rei Fernando IV de España outorgou a Fernando Yáñez o señorío de Crecente. Durante a idade moderna, xa en 1642, o rei Filipe IV de España concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en Salvaterra de Miño.



Natureza
     O contorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde Meréns ata Cortegada.




Patrimonio
     O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.



     O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, adicado a San Paio, santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.



     O castelo de Fornelos ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Murosno século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.



     A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.




Parroquias de Crecente
     Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabeu), Angudes (San Xoán), Crecente (San Pedro), Filgueira (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Sendelle (Santa Cruz), Vilar (San Xorxe)



Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 




     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.



     Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901